23 may 2012


Este venres, 25 de maio ás 18:00 horas, Pepón, un dragón moi especial, visitará Libros para Soñar. Da man das súas creadoras, escoitaremos o conto e coñeceremos a historia deste orixinal personaxe e participaremos dos seu xogos favoritos, os que teñen que ver coa linguaxe e coa fala.
Se tes entre 3 e 6 anos, anímate a pasar unha divertida tarde con este dragón tan singular.  Nesta ocasión, non esquezas confirmar asistencia, xa que para participar nesta actividade hai límite de prazas.  Contamos contigo!
Enviamos información sobre este proxecto de estimulación da linguaxe oral para aquelas persoas que pola súa condición de educadores, como pais/nais ou docentes, lles poida resultar de interese.  Saúdos.
LIBROS PARA SOÑAR
Tlf: 881 922 447


No hay comentarios:

Publicar un comentario